Esta pregunta demoledora fíxonola una nena pequena nunha festa de cumpreanos. Estaba saturada de tanta excitación sostida no tempo.
Levantouse durante toda la semana ás 7:30 h para ir á escola. Estaba xa en terceiro e, con 8 anos, as súas notas foran estupendas -como case sempre- o que lle daba unha confianza a proba de bomba.
Despois dunha intensa semana de traballo na clase, as extraescolares, o taekwondo e o piano no conservatorio, ese sábado tocaba -como case sempre tamén- unha festa de cumpreanos por todo o alto. Unha vez máis a saltar, correr, berrar e facerlle caso a un adulto empeñado en que se divirta e que dirixe en todo momento os seus movementos. Outro que, en lugar de axudala cos asuntos que non sabe manexar aínda pola súa idade, pretende “organizar” a súa maneira de xogar.
Apartándose do montón esaxerado de rapaces enfervorizados, dirixiuse a nós (amigos dos seus pais) e pediunos sentarse ó noso lado, xunto a dous nenos máis pequenos que se autoexcluíran da marabunda antes ca ela. Dixémoslle que claro que si, e púxose a xogar cos seus dous compañeiros non impostos. Parecíanlle do máis divertido.
Estiveron un bo tempo charlando tranquilamente (a saber de que!). Sorrían e, de cando en vez, soltaban algunha gargallada. Era obvio que o estaban a pasar igual de ben ou mellor que saltando, gritando e cantando. E, ó fin e ó cabo, diso, xa terían o próximo fin de semana… ou acaso os pais do próximo cumpreañeiro non gastarán na festa o mesmo que os nosos amigos? Non o cremos.
Á vista de todo isto, preguntámonos: temos que divertirnos todos do mesmo xeito?, hai que dirixir absolutamente todo o que fan os nenos/nenas? É interesante ensinar a divertirse só con saltos, berros e música a tope?
Seguimos reflexionando.
Foto: Maxpixel