Co obxecto de enriquecer a súa oferta de servizos e dar unha mellor resposta á crecente demanda por parte de escolas, Anpas e Administración, en marzo de 2017 a nosa empresa matriz Tía de Alquiler (fundada en 2012 e especializada en servizos de apoio á familia) clausura a súa sección educativa e artística e… nace Matrácala!
Coñece como somos
Nós
Traxectoria
Obxectivos
- Axudar ós nenos a recoñeceren e asimilar valores desexables como, a xustiza, a solidariedade, a cooperación, a igualdade de xénero, ou o respecto pola natureza.
- Axudar ós pais e nais a conciliar a vida laboral e familiar.
Metodoloxía
Aprender facendo: a través da práctica e o descubrimento, transformamos a teoría en técnica, favorecendo as relacións e o desenvolvemento persoal dos nenos. Ademais de moita diversión, todas as nosas actividades contan cun alto componente pedagóxico e educativo.
Valores
Impulsamos unha cultura de calidade e responsabilidade na que, o máis importante, sempre, é o benestar dos nenos e a satisfación dos seus pais ou educadores. Nada nos fai máis felices que ver ós nosos nenos medrar alegres, imaxinativos e empáticos.
Equipo
Profesional, de confianza e comprometido coa educación e a cultura. Matrácala é unha gran familia (monitores de tempo libre, diplomados en educación, pedagogos…) que medra e desdobrase en función de cada proyecto, pero sempre baixo a supervisión dun equipo central:
Gustaríache traballar connosco?
Se tes a titulación requerida, se che gustan os nenos e te motivan os nosos valores, envíanos o teu CV!